Hoxe é Martes 24 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sabor a local co recetario de Nadal das prazas de Abastos

praza receiras

A Asociación de praceiros, en colaboración coa Asociación de Empresarios, convoca un concurso de receitas dirixido a súa clientela coa oportunidade de gañar vales para adquirir produtos nos mercados de Redondela e Chapela. A convocatoria está aberta ata o 12 de xaneiro e deuse a coñecer co gallo da presentación dun libro elaborado polos propios praceiros e praceiras baixo o título “Os sabores do mercado”.

Este Nadal a Praza de Abastos agasalla aos seus clientes cun recetario no que recolle as mellores receitas suxeridas polos praceiros e praceiras para que os pratos de Nadal sexan os máis saborosos. Baixo o título “Os sabores do mercado, a que sabe o teu Nadal”, esta publicación forma parte das iniciativas dos comerciantes dos mercados para animar a mercar produto fresco nestas prazas locais. Convocan ademais un concurso de receitas dirixido á clientela. Aqueles que desexen participar dispoñen dun formulario no que poderán escribir a súas receitas, explicando como elaborala, produtos a empregar e trucos para que saia perfecta. As receitas poden ser típicas de calquera época do ano e o prazo de presentación remata o 12 de xaneiro.

Entre todas as presentadas realizarase unha selección das mellores que serán publicadas nas vindeiras edicións do Recetario dos Sabores do Mercado e os seus autores poderán gañar vales de produtos frescos.

Aparcamento gratuíto

A Clientela da Praza de Abastos de Redondela poderá acceder a este servizo presentando dous tickets de compra do mesmo día no punto de troco e validación que será no Café do Mercado, alí obterá un ticket equivalente a unha hora de parking por cada dous tickets de compra que so será válido para ese mesmo día e que a clientela poderá descontar na “ventanilla” de cobro do parking da Xunqueira. A promoción estará activa durante o Nadal ata esgotar existencias.

Con esta iniciativa Praceiros e praceiras e Asociación de Empresarios de Redondela pretenden mellorar á accesibilidade a este espazo comercial tradicional que son un espazo de referencia de compra para todos aqueles clientes a clientela que busca os mellores  produtos frescos e de calidade ao mellor prezo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará