Foto: Patri Rivas
Partido disputado na Bomboneira que rematou con vitoria clara para as de Redondela que medían as súas forzas co Balonmán Porriño.
SAR Rodavigo 27 – 19 Balonmán Porriño
Brillante vitoria para as de Verónica Posada que arrancaron o partido cun marcador axustado pero que foron gañando terreo grazas ao seu bo facer en defensa e ataque, o que lles permitiu ir agrandando a vantaxe pouco a pouco. Chegábase ao descanso cun 11-7 que xa reflectía o control do partido por parte das de Redondela.
O equipo non baixo a garda na segunda parte, cunha destacada actuación na portería e lanzamentos efectivos que permitiron manter a dianteira, dominando de principio a fin. O partido rematou cun contundente 27-19.
Bo sabor de boca para afrontar o descanso do Nadal e, á volta das vacacións o calendario marca un partido nas Canarias contra o Juventud Las Palmas.