Axentes da Policía Local interviron en Chapela nun suceso cun veciño de Vigo implicado logo de que o 091 alertara da presenza dun vehículo que circulaba coas rodas do lado dereito sen aire, cunha menor de idade no seu interior e con signos de atoparse baixo os efectos das bebidas alcohólicas
Os feitos producíanse na tarde do pasado sábado. Unha vez no lugar e tras realizar as correspondentes probas de alcoholemia estas deron positivas polo que se procedeu a abrir expediente ao condutor por un presunto delito contra a seguridade viaria.
Na madrugada do luns tamén se procedeu a sancionar dous condutores por dar un resultado positivo nas probas de alcoholemia realizar nun operativo conxunto de Policía Local e Policía Nacional.