Hoxe é Venres 27 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 500 persoas participarán na II San Silvestre de Soutomaior

SAN SILVESTRE SOUTOMAIOR 02

A cita deportiva terá lugar o 28 de decembro a partir das 16:30 h. con chegada e saída dende a Alameda de Talo Río e contará cunha distancia única de 2km nun circuíto urbano por asfalto pechado ao tráfico. A día de hoxe son 537 as persoas inscritas nesta carreira organizada polo Concello de Soutomaior e na que se anima aos participantes a acudiren disfrazados.

A Carreira Popular San Silvestre forma parte da programación do Nadal que organiza o Concello de Soutomaior, unha cita deportiva e festiva destinada a todos os membros da familia. Así, poden participar todas as persoas maiores de 14 anos e os menores de 14 anos se van acompañados dun adulto durante o percorrido. Búscase tamén que sexa unha actividade inclusiva, polo que as persoas con diversidade funcional poderá realizar un percorrido especial de aproximadamente 180 metros entre a Alameda e a rúa Rosalía de Castro. A distancia da carreira xeral de 2km, aproximadamente, nun circuíto urbano por asfalto pechado ao tráfico que arrancará en Talo Río e continuará por Rosalía de Castro, Xosé Solla, Cruceiro Calvario, Camiño do Ribeiro e regreso por Rosalía de Castro para rematar novamente na Alameda de Talo Río.

A organización establece un límite de 600 participantes, cifra á que confían chegar logo do éxito do ano pasado cando se convocou esta carreira popular por vez primeira e foron 450 as persoas inscritas.

Actividades complementarias

Na xornada do 28 de decembro haberá actividades abertas a todo o público que queira practicar divertirse ou quentar, na Alameda de Talo Río, sen ter que inscribirse. O obxectivo é animar e dar ambiente e preparase para correr. Para isto 16:30h terá lugar exercicios de quecemento con Lucy Salsa Rica, ás 17:00h. será o inicio da carreira, ás 17:45h. exercicios de estiramento con Miúdos, ás 18:15h. fin- entrega agasallos e ás 19:00h. chegará a diversión e a música a cargo de DJ Milucho.

Vivir o Nadal en Soutomaior

Previamente a esta cita que se celebra o sábado, na xornada do venres o protagonista será o ArcadeFest! Un festival para recadar fondos para o Arcade C.F.e o concerto de noite protagonizado por ´GinTonic´. O domingo celebrarase un baile na Casa do Pobo do Val – Sobral en horario de 18:00 a 20:30h.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará