O Pavillón Manuel González Soto de Chapela converteuse os días 28 e 29 de decembro no epicentro da solidariedade coa celebración da duodécima edición do Cabeiriño, organizado por Arealonga FS coa colaboración do Concello de Redondela, na que se deron cita deportistas e afeccionados nunha xornada deportiva cargada de emoción e co obxectivo común de axudas ás familias máis necesitadas do municipio.
A través dunha chocolatada benéfica, na que repartiron 30 litros deste doce festivo entre preto de 250 persoas, os organizadores e participantes uníronse para recoller o maior número posible de alimentos non perecedoiros. Estes alimentos serán entregados a Cáritas Redondela.
Participaron 12 equipos en representación do Arealonga FS nas distintas categorías, xunto con equipos doutras localidades:
Cadete Feminino: Arealonga FS contou coas súas xogadoras, mentres que o Carballiño de Ourense e o Bembrive tamén tomaron parte nesta categoría.
Infantil Masculino: Na categoría infantil masculina, o Beade foi o único equipo que representou esta división.
Prebenxamín: Os equipos Beade, Bembrive, Casa Paco e Pazos de Borbén participaron nesta categoría, demostrando as súas habilidades máis novas.
Benxamín: Por último, na categoría benxamín participaron equipos como Marín, Cabral, Pazos de Borbén, e Beade, que achegaron moito xogo e emoción aos partidos.
Alevín Feminino: No Alevín feminino, ademais de Arealonga FS, participaron equipos como La Peña de Marín e Cíes Vigo.
Alevín Masculino: Nos alevíns, ademais de Arealonga FS, tamén estiveron presentes os equipos de Balladares, Beade e Bembrive, creando unha contenda chea de competitividade.
Sénior Feminino: A categoría senior feminina foi marcada por un encontro de exhibición entre Balaídos e Arealonga FS, unha xornada deportiva chea de emoción.
Unha das actividades máis destacadas foi o partido de pais e nais, no que 60 pais e 35 nais de Arealonga sumáronse ao evento. Durante o evento tamén se realizaron sorteos de xamóns e cestas de produtos gastronómicos, co fin de seguir recadando fondos.
O presidente do Arealonga FS Iván Vázquez, na súa intervención, agradeceu a todos os adestradores, delegados, colaboradores e familias que fixeron posible a realización desta Xuntanza Deportiva, subliñando a importancia de continuar traballando no fomento de valores deportivos e na axuda ás persoas que máis o necesitan no municipio.
A organización destacou que este evento é un exemplo claro de como o deporte pode ser unha ferramenta poderosa para mellorar a vida da comunidade e seguir promovendo a solidariedade.