Hoxe é Xoves 2 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Adxudicada por case 33 millóns a mellora da vía Guixar-Redondela

Apeadeiro Chapela2

O Ministerio de Transportes adxudicou un contrato de 32,75 millóns de euros para modernizar o tramo ferroviario de 13 quilómetros entre Redondela e Guixar, como parte dun proxecto para mellorar a Liña do Miño cara Ourense. As obras, a cargo de Adif, inclúen a construción dun novo apeadoiro en Chapela, melloras nas estacións de Redondela e Guixar, e actuacións no túnel de Vigo.

A construción dun novo apeadoiro na parroquia de Chapela disporá dun andén de 220 metros, situado nunha zona próxima a un aparcadoiro e a unha pasarela peonil sobre as vías. Na estación de Redondela, está prevista a creación dun novo andén central, máis longo que o actual, así como a ampliación do resto dos andéns, que quedarán conectados mediante un novo paso inferior. En Guixar, instalaranse desvíos ferroviarios de última xeración e ampliarase a plataforma nas cabeceiras das vías, facilitando así a operación de trens de máis de 600 metros de lonxitude.

O futuro apeadoiro de Chapela localizarase na coñecida zona do “Campito”, o que facilitará o acceso ferroviario aos residentes e mellorará a conexión desta área co resto do sistema ferroviario. Estará preto da Alameda Rosalía de Castro, e contará cunha plataforma de 220 metros. Rivas sinala que esta infraestrutura era unha reivindicación da veciñanza desde hai anos, “que facilita a mobilidade desde Chapela tanto cara a Redondela como ás cidades de Vigo e Pontevedra”. A rexedora sinalou tamén que este novo apeadeiro do ferrocarril “sitúase nunha zona moi céntrica da parroquia, e vai dar servizo a moitos veciños e veciñas para os seus traslados diarios tanto a Redondela como a Vigo ou Pontevedra dun xeito cómodo e rápido”. O Ministerio de Transportes fará un investimento total de 48,8 millóns de euros para a modernización do tramo de ferrocarril entre Redondela e a estación de Vigo Guixar.

A alcaldesa valorou dun xeito moi positivo este anuncio “que devolve á esta parroquia o apeadeiro que a veciñanza leva anos demandado”. A nova parada de tren “vai facilitar moito os desprazamentos entre Chapela e Redondela, así como as conexións desde o noso municipio con Vigo e Pontevedra”, afirma Rivas. A rexedora sinalou tamén que este novo apeadeiro do ferrocarril “sitúase nunha zona moi céntrica da parroquia, e vai dar servizo a moitos veciños e veciñas para os seus traslados diarios tanto a Redondela como a Vigo ou Pontevedra dun xeito cómodo e rápido”

As obras tamén inclúen actuacións no túnel de Vigo, como o reforzo da impermeabilización, o revestimento, o drenaxe e a adaptación do gálibo para unha futura electrificación. Ademais, realizaranse melloras nos noiros, desmontes, drenaxes e outras infraestruturas ao longo da liña.

O proxecto tamén contempla a electrificación da liña e melloras na sinalización, co obxectivo de incrementar a capacidade e fiabilidade da liña, impulsando o tráfico de viaxeiros e mercadorías. Esta iniciativa é parte do Corredor Atlántico, cun investimento total de 265 millóns de euros, financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU.

DEMANDAS DO CONCELLO DE REDONDELA

O goberno local  solicitou formalmente unha xuntanza con Adif para tratar a problemática da contaminación acústica que afecta á parroquia de Chapela polo paso dos trens de mercadoría. Nese encontro, que está pendente de fixar por parte dos responsables das infraestruturas ferroviarias, tamén se abordarán outras cuestións que preocupan ao Concello redondelán, como a mellora da avenida da Estación, así como a demanda de máis seguridade no Apeadeiro da Picota. A rexedora local explica que xa mantiveron xuntanzas cos colectivos veciñais en varias ocasións xunto cos técnicos para trasladarlles toda a información, “e desde o Concello daremos sempre a batalla para esixir unha mellor calidade de vida para os residentes da contorna”. Esta demanda da Asociación de Veciños levarase ao próximo Consello Parroquial de Chapela, para que o resto de asociacións e colectivos da parroquia valoren tamén a proposta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará