Hoxe é Xoves 2 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un cento de cativos participan no programa “Concilia Nadal”

Concilia-Nadal-1

A concelleira e a alcaldesa, Digna Rivas, visitaron onte o campamento de Redondela, no Conservatorio Municipal.

Preto dun cento de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade están a participar nos campamentos de conciliación de Nadal do Concello de Redondela co obxectivo de facilitar ás familias opcións durante as vacacións escolares.

A iniciativa, organizada pola concellería de Igualdade e Muller que dirixe Iria Vilaboa, ofrece actividades lúdicas e didácticas durante as vacacións escolares de Nadal. Trátase dunha proposta gratuíta cuxo obxectivo é “proporcionar ás familias un servizo que lles permita conciliar o coidado dos nenos e nenas cos seus deberes laborais durante as vacacións escolares de Nadal”. A actividade ofertouse nas parroquias, e cubríronse prazas en Chapela e Cesantes. Rivas sinala que deste xeito “o Concello ofrece unha alternativa de conciliación familiar á veciñanza non só no centro da vila, senón tamén nas diferentes parroquias”.

 Os campamentos, que comezaron o 23 de decembro, rematarán o 3 de xaneiro de 2025.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará