Hoxe é Xoves 2 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un total de 15 deportistas redondelás representarán a Galicia no CESA 2025

424569263_877021641099431_527145851630572333_n

Homenaxe da SAR a todas as xogadoras e corpo técnico que participaron no CESA 2024

O balonmán galego non se entendería sen a forte canteira que ten en Redondela. Proba diso é a destacada participación de nenas e nenos deste municipio, que unha vez máis forman parte da selección galega. Estes deportistas preparan a súa participación no CESA 2025 (Campionato de España de Seleccións Autonómicas), que se disputará en Cataluña do 3 ao 8 de xaneiro.

Non só deportistas, senón tamén técnicos de Redondela formarán parte desta cita, como a adestradora Carla Abad e a delegada do equipo cadete masculino, Nerea Bouzón.

O concelleiro de Deportes, Iván Valles, quixo destacar «o excelente traballo realizado polos colexios e clubs de balonmán de Redondela coa súa canteira, o que se reflicte no feito de que estes nenos e nenas estean entre os mellores de toda Galicia nas súas respectivas categorías».

As xogadoras de As Choqueiras estarán representadas por Adriana Bouzón no cadete feminino.

Infantil feminino:

  • Daniela Fernández (SAR)
  • Daniela Míguez (SAR)
  • Daniela Figueroa (SAR)
  • Karla Fernández (SAR)
  • Ángela Sánchez (BM Chapela)

Cadete feminino:

  • Noa Portela (SAR)
  • Candela Martínez (SAR)
  • Adriana Bouzón (Choqueiras)

Xuvenil feminino:

  • Alba Pérez (SAR)
  • Julia González (SAR)

Infantil masculino

  • Javier Orge Cruz (Culleredo)

Cadete masculino:

  • Lois Alonso (BM Chapela)
  • Óscar González (BM Chapela)
  • Nicolás Alonso (BM Chapela)

Unha vez máis, Redondela amosa o seu potencial no balonmán, tanto en deportistas como en técnicos, cunha representación destacada que, sen dúbida, seguirá deixando a súa marca no deporte galego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará