Hoxe é Sábado 4 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela insta á Xunta a actuar con urxencia ante o deterioro do CEIP Laredo

Foto portada

O Concello de Redondela exixe medidas inmediatas para resolver os graves problemas de seguridade que presenta o tellado do CEIP Laredo, situado na parroquia de Chapela. A Concellería de Urbanismo enviou a mediados deste mes un informe técnico á Consellería de Educación no que alerta do risco de desprendemento de elementos da cuberta e recomenda actuacións urxentes para garantir a seguridade no centro escolar.

Entre as accións propostas inclúense a colocación dun valado perimetral que impida o acceso á zona en risco a instalación dunha rede de protección para evitar a caída de materiais e a elaboración dun proxecto integral para a reforma completa da cuberta.

Desde o Concello insisten na necesidade de que a Xunta actúe con dilixencia para garantir a seguridade no centro e evitar posibles incidentes derivados do estado de deterioro do tellado. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, advirte que a situación do CEIP Laredo supón “un grave problema de seguridade” tanto para os máis de 180 alumnos e alumnas do centro como para o profesorado, familias e viandantes que pasan pola beirarrúa do colexio.

A rexedora lamenta que o Concello aínda non obtivo resposta por parte da Xunta de Galicia “que é a administración que ten a competencia en materia de Ensino”. Rivas avanza que en xaneiro o Concello convocará a unha xuntanza aos representantes da ANPA e profesorado do CEIP Laredo para darlles conta da situación actual do centro e acordar coa comunidade educativa as posibles medidas a adoptar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará