Hoxe é Luns 6 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A cabalgata de Soutomaior manterase para o domingo tendo sempre presente a previsión meteorolóxica

FOTO CABALGATA REIS SOUTOMAIOR 01

A previsión meteolóxica estará moi presente na fin de semana de Soutomaior para o remate do seu Nadal. Así e deste xeito, o alcalde está en permanente contacto coas Súas Maxestades e con MeteoGalicia, todo, co fin de salvagardar a seguridade das pequenas e pequenos e de que todas e todos poidamos desfrutar dunha noite de Reis en seguridade.

Trala reunión mantida nesta mañá coas súas Maxestades e MeteoGalicia no concello decidiron manter a cabalgata para o domingo, xa que o sábado, hai alerta amarela por fortes ventos e o domingo a alerta, rematará, tal e como indican os modelos de previsión, ás 18:00h.

Con esta previsión sobre a mesa o domingo pola mañá o percorrido polos barrios das Súas Maxestades quedará cancelado e centrarase todo en interior con fin de garatir a seguridade de todas e de todos.  Deste modo, a Casa da Cultura Rexina Míguez Noval, acollerá de 12:00 a 12:30h. os Contos Reais e de 12:30h. a 14:00h. todas as pequenas e pequenos que o desexen serán recibidos polas Súas Maxestades nesta Casa da Cultura de Soutomaior.

Xa pola tarde, sempre tendo presente a previsión e posibles cambios do percorrido e condicións de ultima hora, a cabalgata sairá ás 18:30h. do cruce do Viso. A hora de saída débese a que, tralo ultimo informe de MeteoGalicia, a alerta amarela rematará ás 18:00h. e a partir desa hora haberá posibilidades de intervalos de choivas. 

Este ano Soutomaior contará cunha cabalgata na que as Súas Maxestade Reais virán acompañadas por estrelas, astros e por unha morea de Elfos que desfilarán nun universo de fantasía xunto ás persoaxes, do clásico de Disney, Aladín. Unha Cabalgata durante a que se repartirán máis de 300 kg de caramelos sen gluten.

Durante o percorrido haberá un tramo silencioso, sen música, adaptado para que todas as persoas poidamos desfrutar desta noite máxica, ese percorrido será entre o Calvario e o Cruce de Pierres.

A Cabalgata rematará na Carpa de Nadal en Talo Río con música e coa gran Recepción Real para que as nenas e os nenos poidan conversar cos Reis e  facerse fotos coas personaxes do desfile.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará