Hoxe é Venres 10 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O punto limpo móbil volve percorrer as parroquias para favorecer a reciclaxe de proximidade

punto móbil

A partir da próxima semana este punto de reciclaxe instalarase no Viso e a finais de mes achegarase a Cesantes. A veciñanza pode depositar nesta instalación lixo que non se pode botar nos colectores tradicionais como pequenos electrodomésticos, material informático, pilas e baterías, móbiles, cargadores, xoguetes, aerosois ou botes de pintura, entre outros residuos.

O obxectivo deste servizo, promovido dende a Concellerái de Sostenibilidade, é “facilitar á veciñanza a reciclaxe de diferentes tipos de lixo que non debe de ir aos colectores da rúa”. O edil  Roberto Villar explica que se poden depositar neste espazo produtos como aceite de cociña usado, cartuchos e tóner impresora, radiografías, lámpadas e fluorescentes, CDs e DVDs, cápsulas de café, cargadores e auriculares, pilas e baterías, material de escritura, móbiles e tabletas, material informático, aerosois e envases de pintura, plásticos que non sexan envases, xoguetes ou pezas de téxtil, entre outros.

A próxima semana, do 13 ao 19 de xaneiro, este punto móbil estará no Viso, na chaira de Saramagoso. En Cesantes estará dúas semanas: do 20 ao 26 de xaneiro no miradoiro do Alto dos Tras, e do 27 de xaneiro ao 2 de febreiro na praza de San Pedro, en Catapeixe.

Do 3 ao 9 de febreiro regresará ao centro da vila, na praza diante do Concello e a continuación trasladarase a parroquia de Chapela onde estará dúas semanas: do 10 ao 16 de febreiro no aparcadoiro da rúa Manuel Rodríguez Casal, e do 17 ao 23 na chaira do pavillón municipal Manuel González Soto.

En Trasmañó instalarase na chaira do Convento na semana do 24 de febreiro. A Cedeira chegará no mes de marzo, na semana do día 3, estará ao lado da pista deportiva. En Cabeiro estará na semana do 10 de marzo, no aparcadoiro do Centro Cultural San Juan de Cabeiro. En Vilar estará no aparcadoiro do Centro Cultural a semana do 17 de marzo, e no novo Centro Cultural de Quintela a semana do 24 de marzo. En Saxamonde instalarase na Área Recreativa do Camiño dos Frades, na semana do 31 de marzo. No Centro Cultural de Negros estará a semana do 7 de abril, en Reboreda, na zona do cemiterio, estará na semana do 14 de abril e logo nas inmediacións do CVCD Miñoteira, en Ventosela, a semana do 21 de abril.

Recollida de residuos voluminosos

Para residuos máis voluminosos como mobles, colchóns ou electrodomésticos, xa existe un servizo de recollida “porta a porta” cun sistema moi sinxelo para os usuarios. Tan só é preciso contactar con Urbaser no teléfono 986 388 111, en horario de 9 a 14 horas, e se lle informará do día e lugar no que pode depositar estes residuos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará