Hoxe é Martes 14 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

15.000 quilos de tapóns solidarios

tapóns

Os colectores con forma de corazón situados en Redondela e Chapela para a recollida de tapóns de plástico recolleron un total de 15.000 kilos cuxa xestión corre a cargo das asociación Andaina e Lenda. Estes colectivos reciben ao redor de 750 euros anuais coa venda deste tapóns que serven para financiar os seus proxectos sociais. Faise un chamamento á cidadanía a que sega colaborando con esta iniciativa.

Desde o Concello de Redondela e as asociacións lembran que a normativa europea que fai que os tapóns das bebidas estean adheridos á botella, non prohibe separalos e depositalos en colectores específicos e fan un chamamento á cidadanía para que siga colaborando con esta iniciativa solidaria. Lamentan que en moitas ocasións a veciñanza deposita outro tipo de residuos, “o que complica moito a clasificación do plástico”.

En concreto, son catro os colectores para a recollida de tapóns solidarios, dous instalados na vila, na rúa Ernestina Otero e no aparcadoiro da feira e outros dous Chapela xunto ao Centro de Saúde e na rúa Manuel Rodríguez. Son as persoas usuarias das asociacións Andaina e Lenda as que se encargan da xestións destes colectores e a venta do plástico. Desde o ano 2021, data na que se instalaron os colectores, son xa máis de 15.000 os quilos de tapóns que se recolleron en total.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, sinala que se trata dunha recollida “que non só ten un carácter ecolóxico, para darlle unha segunda vida ao plástico, senón tamén social, xa que so os usuarios de Lenda e Andaina os que se encargan da xestión, recollida e clasificación dos tapóns para a súa venta”.

A nova normativa europea de que os tapóns das botellas de bebidas de plástico estean adheridos ao envase ten como obxectivo previr e reducir o impacto destes residuos no medio ambiente. Desde que entrou en vigor notouse unha diminución na cantidade de tapóns que se recollen nestes colectores específicos. Con todo, o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Alvarez, explica que a normativa “non prohibe separar os tapóns para iniciativas como as destas asociacións” que traballan no ámbito da diversidade funcional e da saúde mental. Por iso animan á veciñanza a seguir colaborando con esta iniciativa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará