Os de Redondela sacaron forzas nesta complicada fin de semana para o club tralo repentino falecemento do adestrador de xuvenís, o técnico de 45 anos Julio Amoedo, e lograron un empate na súa visita a Oira.
Cented Academy 2-2 Choco
O partido de Preferente comezou cun claro dominio dos ourensáns con Veloso abrindo o marcador e Presas ampliando vantaxe aos 30 minutos do inicio. Con todo, o Choco foi quen de reaccionar na segunda parte do partido. Alex Graña recortou distancias no minuto 49 e xa nos minutos finais Bautista logrou o empate asegurando o reparto de puntos.
O equipo redondelán mantense no posto 13 da táboa e na vindeira semana xoga no campo do Portonovo, rival directo con tan só un punto menos que os choqueiros.
Primeira Galicia:
Partidos sen derrotas nesta categoría, con vitoria avultada para os de Soutomaior decimocuartos do grupo) e reparto de puntos para o Arcade que lograba o empate na súa visita a Caldas, situándose nunha cómoda quinta posición.
Soutomaior 6-0 Taragoña
Caldas CF 1-1 Arcade
Segunda Galicia:
Mondariz 2-0 Atlético Vilar
Terceira:
Chapela 5-1 Bouzas