Hoxe é Martes 14 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES Mendiño retoma a escola de familias para nais e pais de adolescentes

escola depais

A actividade arranca este luns 13 de xaneiro cunha sesión que se desenvolverá en horario de 18:00 a 20:00 aberta a todos os proxenitores interesados en achegarse aos retos e dificultades desta etapa do desenvolvemento dos seus fillos e fillas así como coñecer como vivir este proceso dun xeito máis satisfactorio. A actividade, organizada pola Federación de Anpas de Redondela, está aberta as persoas interesadas con inscrición previa neste enlace.

Nun mundo en constante cambio son moitos os proxenitores que non saben como afrontar unha idade tan complexa como é a adolescencia. Así o entenden na Federación de Anpas de Redondela quen decidiron poñer ne marcha unha escola de pais e nais que busca ser un espazo no que reflexionar, comprender e atopar ferramentas para acompañar aos fillos e fillas nesa etapa dun xeito máis saudable e satisfactorio.

Con esta escola de pais e nais búscase dar un apoio ás familias “brindar as ferramentas e os apoios necesario para enfrontar os retos educativos nunha sociedade en constante cambio”.

Convocan a todas as persoas interesadas a achegarse a unha actividade este luns 13 en horario de tarde no IES Mendiño.

A Escola de Nais e Pais comeza o día 13 xaneiro, de 18:00 a 20:00 no lugar IES MENDIÑO. As sesións continuarán os día 20 e 27 de xaneiro e o 3 de febreiro.

Inscrición: https://forms.gle/P2XqJjqA67GzLjfd9

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará