Hoxe é Mércores 15 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada redonda para os equipos redondeláns

balonmán chapela

Na división de honra prata feminina a Sar Rodavigo non defraudou na súa visita a Canarias logrando unha cómoda vitoria. Tamén os mozos de primeira autonómica, da SAR e o Chapela, fixéronse cos puntos en xogo na que foi a xornada de peche da primeira volta da liga. 

Juventud Las Palmas 23 – 33 SAR Rodavigo

Vitoria contundente para as mozas da sar na súa visita a Illas canarias. Xogaban no capo del Juventud Las palmas e lograban imporse cun claro 23-33 nun partido no que impuxeron o seu ritmo de xogo, destacando pola súa intensidade defensiva e un ataque moi efectivo. Chegaban así ao descanso cun marcador favorable de 10-19, mantendo o dominio do partido tamén na segunda parte do encontro.Dende a novena praza do grupo, na vindeira semana reciben na bomboneira a outro dos equipos canarios, o Rocasa Gran Canaria, situado no quinto posto da categoría

Na primeira autonómica a SAR arranca o ano con vitoria fora da casa. Xogaba no campo do Rasoeiro, nun partido que rematou co resultado de 22-28 a favor dos de Redondela.

Rasoeiro 22-28 Sar Opmobility

A SAR finaliza a primeira volta en terceira posición con 15 puntos, 7 vitorias e un empate.Na vindeira semana tentará seguir sumando puntos para manterse nos postos altos da táboa cun partido a priori doado. Xogan na casa do penúltimo clasificado, o luceros B.

Vitoria tamén para o Chapela que lograba imporse no partido disputado no pavillón Manuel González soto por 29-25.

Chapela 29-25 Lavadores

Importantísima vitoria do sénior masculino que permite ao equipo segui na parte alta da táboa abrindo distancia con quinto clasificado. Na vindeira semana teñen unha cita complicada, repiten na casa pero reciben a un dos equipos fortes do grupo, o Poio Artai, segundo do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará