Hoxe é Sábado 18 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Miguel Miguel chega a Redondela co espectáculo humorístico “¡Acojonado!”

459748597_10229604589050479_1982907055301412381_n

O humorista Miguel Miguel, unha das figuras máis destacadas do panorama nacional, chega este sábado 18 de xaneiro ás 20:00 horas ao Multiusos da Xunqueira en Redondela, dentro da programación do Concello de Redondela e da iniciativa “Humor na súa tinta”. Coa súa traxectoria que abrangue máis de dúas décadas, o artista polifacético – que tamén se define como mago, animador de público en El Hormiguero, profesor de maxia e emprendedor no mundo dos Escape Rooms – trae a súa proposta “¡Acojonado!”, un monólogo que mestura comedia e reflexión sincera sobre a vida despois dos corenta.

O estilo deste monólogo, titulado “¡Acojonado!”, é costumbrista e observacional, sen interacción co público, pero tratando problemáticas que nos afectan a todos cun humor directo e á súa maneira, ao estilo da Paramount Comedy. O espectáculo nace da reflexión sobre o paso do tempo e de como a nosa perspectiva da vida cambia ao chegar aos corenta anos.

“Acojonado!” é a recompilación de varios anos de comedia e reflexións persoais que levan ao propio Miguel Miguel a sentirse, literalmente, “Acojonado”, unha palabra que, segundo el, describe mellor que ningunha outra o seu estado emocional.

Actualmente, tamén se pode desfrutar en Madrid na “Sala de Humor Fuencarral”, un espazo único dentro das instalacións de CINESA Proyecciones, onde o escenario se adapta ao propio salón de cinema. Esta reinvención do espazo responde á crecente demanda de espectáculos humorísticos, que, por falta de datas ou espazo nos teatros tradicionais, non sempre poden ser programados alí.

Redondela xa está lista para recibir a Miguel Miguel cun espectáculo que promete facer reflexionar e rir ao público ao mesmo tempo. A cita será este sábado 18 de febreiro ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira, e as entradas xa están á venda, quedando poucas dispoñibles. Ademais, o artista estará en Vilagarcía de Arousa o 25 de xaneiro e en Santiago de Compostela o 26 do mesmo mes, ofrecendo máis oportunidades para desfrutar do seu humor único.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará