Os feitos producíanse ás doce do mediodía de hoxe, cando o vehículo circulaba pola estrada do Torreiro en Chapela, vía recentemente arranxada que vai cara a Igrexa de San Fausto. O condutor, atendendo ás medidas que indican as sinais, confiaba en que o trailer tivera espazo suficiente para salvar a pasarela pero ao circular baixo a mesma arrancou a parte superior da cabina que quedou esparcida polo chan.
Afortunadamente e malia o aparatoso do suceso que causou un gran estrondo, non hai que lamentar feridos e a pasarela non sufriu tampouco danos, non así o vehículo que se levou a peor parte. Interviron no incidente axentes da Policía Local de Redondela e de Conservación de estradas para proceder á retirada dos restos que quedaron esparcidos pola vía pública.