Hoxe é Venres 14 de Marzo de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O catedrático Ramón Villares abre o “Ano Castelao” en Redondela

ano castelao

Baixo o título “Castelao e o Consello de Galiza” , o catedrático de Historia Ramón Villares falará sobre a orixe e o papel do ilustre político e escritor nese Consello de Galiza como primeiro presidente galego. A cita será o mércores 29 na Oficina de Turismo, na rúa Isidoro Queimaliños, ás 19.30 horas. Nos vindeiros meses desde o Servizo de Normalización Lingüística organizaranse outros actos como conferencias, homenaxes e teatro.

 Galicia celebra este 2025 o Ano Castelao, co gallo do 75º aniversario do seu pasamento. O Concello de Redondela súmase a esta conmemoración coa organización dunha serie de actividades que terán lugar ao longo dos vindeiros meses. Desde o Servizo de Normalización Lingüística, que dirixe a alcaldesa Digna Rivas, organizaranse actos “para poñer en valor o relevante papel de Castelao como político, intelectual, escritor e debuxante”, explica a rexedora.

Un dos primeiros actos terá lugar este mércores baixo o título “Castelao e o Consello de Galiza” a cargo do catedrático de Historia Ramón Villares quen falará sobre a orixe e o papel de Castelao nese Consello de Galiza como primeiro presidente galego. Rivas sinala “a relevancia que ten para este municipio que unha figura como Villares, un dos historiadores e intelectuais máis relevantes de Galicia, participe en Redondela nesta charla sobre Castelao”. Nun formato de entrevista, Villares tratará o que foi o Goberno galego no exilio. A cita será na Oficina de Turismo, na rúa Isidoro Queimaliños, ás 19.30 horas.

En febreiro estará en Redondela o escritor e profesor Emilio Ínsua, para falar sobre a relación de Antón Villar Ponte e Castelao, das Irmandades da Fala ao Partido Galeguista. Será o 21 de febreiro. O 23 de marzo temos unha peza de teatro infantil titulada “Castelao”, de Culturactiva Producións, no Multiúsos da Xunqueira.

En abril, o día 3, celebrarase a conferencia de Diana Vilas sobre “O álbum dos nenos de Castelao”. Nesta charla a escritora e investigadora fará unha aproximación á representación que fai Castelao da infancia. O 30 de maio temos a conferencia de Iria Friné sobre “A cartelaría do Estatuto do 36. Castelao”.

No mes de xuño, o día 4, o Concello colaborará co CEIP Alexandre Bóveda (Angorén-Chapela), na celebración do aniversario de Alexandre Bóveda, coa participación das fundacións Castelao e Bóveda. Tamén se celebrará un acto de homenaxe ao redor das orixes da escultura de Castelao que preside a alameda. A estatua erixiuse en Redondela en 1987 por subscrición popular, e foi a primeira de corpo enteiro do insigne galeguista.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará