Hoxe é Mércores 7 de Maio de 2025

Soutomaior inicia o proceso para a contratación de vinte persoas

438165107_10225568655627993_4250361851189053344_n

Soutomaior contratará unha vintena de persoas para levar a cabo a limpeza e mantemento de vías e tarefas administrativas no concello durante 2025. Os postos ofertados son: peón forestal, varredor, albanel, auxiliar administrativo e auxiliar da biblioteca. Os veciños e veciñas interesadas en presentarse ás ofertas de emprego deberán estar dados de alta no paro e ser solicitantes de emprego.

Haberá 10 postos de peón forestal, que estarán dedicados a tarefas relacionadas coa limpeza e mantemento de camiños, así como a prevención de incendios; outros 4 postos de varredor/-a, que se dedicarán á limpeza e mantemento de rúas e zonas verdes municipais; e os 3 postos restantes serán para albanel, que realizarán tarefas de mantemento de rúas, beirarrúas, instalacións municipais e outras vías públicas.

A incorporación do persoal de rúa realizarase de maneira escalonada co obxectivo de que haxa persoal a maior parte do ano e que nos meses de maior necesidade o concello conte coa totalidade das persoas contratadas de maneira activa.

A maiores, o Concello de Soutomaior tamén contratará unha persoa para ocupar un posto de auxiliar administrativo e outra persoa para auxiliar da biblioteca. Ambos os dous contratos terán unha duración de 9 meses

Co obxectivo de que o proceso de contratación se leve a cabo con total transparencia e garantindo que todos os veciños e veciñas teñan igualdade de oportunidades, por segundo ano consecutivo os códigos necesarios para presentarse ás ofertas de emprego serán públicos. Esta é unha iniciativa impulsada polo Goberno local desde o comezo do mandato e que anos atrás non se viña facendo.

Os veciños e veciñas interesadas en presentarse ás ofertas de emprego deberán estar dados de alta no paro e ser solicitantes de emprego e deberán pedir cita na súa Oficina de Emprego e pedir que na súa ficha conste o código do posto ao que queren postular (PEÓN FORESTAL: 95431028, VARREDOR: 94431016, ALBANEL: 7121105, AUXILIAR ADMINISTRATIVO: 45001019, AUXILIAR DE BIBLIOTECA: 42101011). Se as persoas interesadas teñen calquera dubida sobre o procedemento, poden poñerse en contacto co Concello de Soutomaior a través das canles oficiais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: