Hoxe é Venres 14 de Marzo de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ruptura no bloque de investidura impide a Rivas aprobar as súas propostas plenarias

votación pleno

A sesión plenaria de hoxe amosou a debilidade dun goberno local en minoría que, logo do anuncio do BNG de desvincularse de calquera negociación co PSOE, non foi quen de sumar apoios para sacar adiante as súas propostas. A primeria consecuencia foi que o edil Alberto Álvarez queda sen retribución salarial. A segunda o rexeitamento –por segunda vez- da Axenda Urbana 2030. Ambos os dous temas foron rexeitados ao votar en contra populares e nacionalistas nunha sesión na que as recriminacións entre os partidos da corporación foron constantes.

A falta de sintonía do BNG co goberno de Digna Rivas escenificouse na sesión plenaria de hoxe. O primeiro damnificado foi o concelleiro Alberto Alvarez cuxa retribución salarial foi rexeitada ao votar en contra PP e BNG alegando ambos os dous partidos que “en ningún momento se negociara este asunto co resto dos partidos políticos”.

A proposta buscaba asignar ao concelleiro Alberto Álvarez , quen entrou na corporación logo da renuncia por motivos de saúde de Pilar Martínez, unha retribución de 22.680 euros, equiparando así o seu salario ao resto dos edís que asumen competencias semellantes.

Unha retribución que tanto PSOE e AER defendían lembrando que “era preciso asignar a este concelleiro unha retribución digna polo seu traballo”.

Unha cuestión que os partidos da oposición non puxeron en dúbida. Pola contra, argumentaron o seu voto en contra por non existir ningún tipo de negoción ou consulta previa por parte do goberno de cara a garantir os apoios suficientes para que esta cuestión saira adiante.

O voceiro do BNG Xoán Carlos González acusaba a Rivas de “actuar novamente con prepotencia, pretenden reestruturar o goberno por terceira vez sen consultar en ningún momento co BNG malia que precisan dos nosos votos para sacalo adiante”.

Xoán Carlos González, BNG

No mesmo sentido se manifestaba o popular Javier Bas quen entendía “sensato darlle unha retribución a un concelleiro “ pero puntualizaba que “fallan as formas”. Argumentaba o seu voto en contra porque “Digna Rivas non quixo contar cos votos do PP, non quixo levantar o teléfono malia que nos ofrecemos para negociar este punto e non aceptaron a man que lle tendemos”. Concluía aludindo ao BNG “o normal é que os grupos que apoiaron a alcaldesa para chegar a alcaldía foran os que a apoiaran temén neste punto”.

Javier Bas, PP

A socialista Rita Pérez recriminaba ao PP o seu voto en contra “en todo o que ten que ver cos salarios do goberno local”. Con todo, amosábase máis disgustada cos concelleiros nacionalistas “si nos sentamos a falar con eles, outras cousa é que non nos queiran oir” e facían fincapé en que era de xustiza que Alberto Alvarez recibirá un salario polo seu traballo.

Rita Pérez, PSOE

Roberto Villar, dende AER aseguraba non entender unha situación que o único que vai facer é prexudicar a unha persoa en concreto que non vai percibir un salario que si perciben os seus compañeiros e acusaba ao Bloque de iniciar unha “liña destrutiva e de bloqueo sistemático”.

Roberto Villar, AER
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará