A comisión de festas organiza catro días de celebracións na honra a San Brais con actividades que se prolongarán dende hoxe venres ata o luns día 3 de febreiro. Unha festa que contará con carpa cuberta para evitar as inclemencias meteorolóxicas e que achegará á parroquia redondelá verbenas, actos relixiosos, propostas infantís e o reparto de rosquillas e viño no propio día do Santo.
As celebracións arrancan hoxe con verbena a cargo da orquestra Satélites e o grupo Assia. O sábado subiranse ao escenario o grupo Capitol e a orquestra Marbella.
O domingo haberá misa ás 12:30, sesión vermú amenizada por Sen Querer e pola tarde animacións infantil, para animar aos máis cativos a achegarse a festa. O ritmo máis roqueiro chegará en horario nocturno co espectáculo dunha das orquestras con máis seguidores en Galicia, América de Vigo.
O día grande será o propio luns, día do Santo con pasarrúas, charanga e concerto da cantante Marcela. Os devotos de San Brais poderán ademais participar dunha tradición como é o reparto de rosquillas co carro da burra que percorrerá a parroquia.
