Hoxe é Venres 14 de Marzo de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas acusa ao BNG de abandonar á cidadanía progresista co seu “xiro á dereita”   

rivas

Asegura a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que os nacionalistas pretenderon chantaxear ao goberno local “reclamando a compra de ducias de exemplares do xornal Nós” a cambio dun voto favorable no pleno que permitiría sacar adiante cuestións tales como a Axenda Urbana ou o salario do concelleiro Alberto Álvarez. Temas que finalmente non foron aprobados ao votar en contra BNG e PP. Rivas insta ao Bloque a “reflexionar se apoia un goberno progresista ou se segue a bloquealo votando da man do Partido Popular”.

Novo capítulo no desencontro entre o grupo de goberno e o BNG. A decisión dos nacionalistas de dar por pechada calquera negociación co PSOE escenificábase no pleno do xoves cando o voto en contra dos seus concelleiros sumados aos do PP impedían a Rivas sacar adiante as  súas propostas.

Rivas acusa agora aos nacionalistas de tentar “chantaxeala” cando na negociación para tratar de aprobar a Axenda Urbana o Bloque puxo como condición “medidas que nada tiñan que ver con este documento, como a compra de ducias de exemplares do xornal Nós”.

A alcaldesa advirte que “ao votar coa dereita o BNG está a esquecer que Redondela é progresista, tal e como a veciñanza o demostrou nas urnas” e asegura que nin a cidadanía nin o propio electorado do BNG “vai entender este cambio de rumbo dos nacionalistas, que vira á dereita”.

Rexeita ademais as críticas recibidas esta semana por parte do voceiro do BNG, Xoán Carlos González quen ademais de acusala de actuar de forma autoritaria, xustificou a psotura do seu partido “ante o continuo ninguneo de Rivas e o reiterado incumprimento do acordo de investidura por parte do PSOE local”. Neste sentido asegura a alcaldesa que “durante estes anos, nunca lle faltamos o respecto á concelleira e concelleiros do BNG. Nin cando votaron a favor nin en contra, mentres que foron moitos os agravios e descualificacións pola súa banda, algo moi estraño se o que pretenden é unha relación cordial de traballo e cooperación”.

O goberno local entende que esta postura do BNG débese a unha “estratexia electoral” e que este xiro á dereita dos nacionalistas “está a poñer trabas á transformación e o avance de Redondela, o que supón un grave prexuízo para a veciñanza”.

Con todo, conclúe afirmando que mantén “a man tendida” ao Bloque para chegar a acordos en beneficio da cidadanía. A alcaldesa insiste en que seguirá traballando “para unha Redondela progresista, que é a que me apoiou, e seguirei loitando por ese obxectivo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Entrevista bochornosa. Digna Rivas non sabe negociar, para iso só hai que velos comunicados que daban dende AER hai uns anos.

    Aínda que as peticións do BNG poidan chamala atención, eles elixen con que negociar.

    Aprenderon de AER e agora piden couzas tanxibles e inmediatas para tela certeza de que Rivas cumprirá?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará