Hoxe é Venres 14 de Marzo de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia que a Xunta converteu San Simón na “illa da Desmemoria”

bng san simón

Os nacionalistas celebraron esta fin de semana un acto na praia de Cesantes para denunciar o uso que a Xunta lle está a dar a Illa e reclamar un plan de usos e unha programación anual de actividades divulgativas e pedagóxicas centradas na memoria histórica. O deputado do BNG, Luís Bará advirte que Rueda e o PP “están branqueando o franquismo”, “banalizando a illa” e “aldraxando as vítimas e as súas familias”.   

O BNG celebrou en Cesantes un encontro para denunciar o uso que a Xunta lle está a dar a este espazo, ignorando o seu pasado como lugar de represión, minimizando as duras condicións de vida e as mortes que sufriron as persoas que estiveron alí recluídas, e converténdoo nun parque de atraccións con actividades diversas nas que ten cabida de todo, menos actos de memoria histórica.

O deputado e protavoz da Memoria Histórica, Luís Bará denunciou que o PP ten convertido este espazo na “Illa da Desmemoria e do Esquecemento”.

Para rematar con esta situación, anunciaron que levarán aos plenos municipais e ao Parlamento propostas para a dignificación de San Simón. En primeiro lugar, solicitará que a illa sexa declarada lugar de memoria democrática, tal e como demandou a Iniciativa Galega pola Memoria. O que implica unha obriga de sinalización e de divulgación do significado histórico do espazo como lugar de represión e resistencia democrática. O BNG considera necesario que San Simón acolla unha programación anual de actividades divulgativas e pedagóxicas centradas na memoria.

Insistiu Bará en que ninguén entendería “que se organizasen en Mauthansen ou nin sequera nun cemiterio actividades lúdicas e recreativas como as que se organizan en San Simón. 

Fixo referencia tamén ás declaracións do PP respecto do acontecido na Illa, advertindo que “coas súas declaracións, e sobre todo coas súas actuacións, Rueda e o PP están branqueando o franquismo, banalizando o pasado da illa e aldraxando as vítimas e as súas familias”.

Pola súa parte, o portavoz municipal en Redondela, Xoán Carlos González, que tamén interveu no acto, explicou as iniciativas presentadas polo BNG no concello, a última delas, demandando ao goberno municipal que cumpra o previsto na lei do patrimonio cultural de 2016 e que, polo tanto, regule mediante o PXOM, ou con un documento específico, a normativa de usos do BIC Illas de San Simón e San Antón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará