Hoxe é Venres 14 de Marzo de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP insta a Rivas a someterse a unha cuestión de confianza ante o “desgoberno” en Redondela  

pp-psoe

Os populares consideran que a perda de apoios de Rivas, tras anunciar o BNG que dan por pechada calquera negociación co PSOE, coloca ao Concello “nunha situación de debilidade extrema” e cren que a alcaldesa debería someterse a unha cuestión de confianza. Critican tamén aos nacionalistas por que “a súa postura actual non busca cambiar as cousas para o ben da veciñanza, só actúan por interese electoral” en palabras do popular Javier Bas.

O grupo municipal do PP vén de advertir de que a ruptura do BNG e o cese do seu apoio ao goberno de Digna Rivas vai producir un aumento do seu “forte desgoberno e da súa probada ineficacia” que provocará moitas complicacións e prexuízos para os veciños nos dous anos e medio que restan de mandato.

Os populares consideran que a falta de respaldo por parte do Bloque ao bipartito PSOE-AER coloca ao Concello “nunha situación de debilidade extrema” e, ante esta situación, consideran que a alcaldesa “debería someterse, por decencia e ética democrática, a unha cuestión de confianza, xa que perdeu o apoio da corporación e da representatividade dos veciños”. Instan a Rivas a “ser valente e poñer as cartas sobre a mesa no pleno, agás que o único que queira sexa aferrarse ao cargo”.

Os populares replicáronlle á rexedora que o Bloque “non fixo un xiro á dereita, que esa é unha frase feita que non ten nin pés nin cabeza, o que fixo foi un xiro cara o sentido común vendo a desfeita destes 18 meses e que lle dá continuidade á nada máis absoluta do mandato anterior”.

En todo caso, para o PP a intención dos nacionalistas “non pasa por cambiar as cousas en Redondela para o ben dos veciños, porque esta situación era algo que xa se sabía ao inicio de mandato cando investiron a Digna Rivas, así que son corresponsables e cómplices desta situación”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará