Os voluntarios e voluntarias que participaron este domingo na iniciativa promovida dende o programa medioambiental da Fundación obra Social Abanca, traballaron na reforestación do monte do Viso coa plantación de especies autóctonas como bidueiros, érbedos e espiños.
Unha actuación que promove así a creación de franxas verdes de defensa contra incendios forestais. En total foron unha treintena de voluntarios tanto nenos como adultos- os que participaron dunha iniciativa que ademais do seu valor concreto ao colaborar coa forestación da zona tamén ten un obxectivo pedagóxico.
Dende a Comunidade de Montes do Viso valoran moi positivamente o traballo do voluntariado e resaltan a importancia destas iniciativas en prol do monte galego.