Hoxe é Martes 1 de Abril de 2025

Atopan con vida a muller que se buscaba nas inmediacións de Rande

sucesos

A muller, que se buscaba por mar e aire tras pensarse nun primeiro momento que se precipitara ao mar nas proximidades das ruínas do Castelo de Rande, tería aparecido en bo estado segundo confirman fontes da Policía Local en contacto permanente co 112 Galicia.

Logo de varias horas de procura, dado que as tarefas de rescate comezaron a media tarde de onte domingo, logo de que as 16:40 horas o servizo de emerxencias recibira un aviso sobre un posible intento de suicidio na zona dos piares da ponte de Rande, dáse por rematado o operativo unha vez que a muller xa foi localizada nun albergue da Coruña. A Policía Nacional deu con ela logo dun intenso traballo de investigación etras entrevistar a familiares e amigos da desaparecida.

As labores de procura, que foran suspendidas ás 21:00 horas de onte, retomábanse hoxe cun despregue de medios marítimos e aéreos.

Fora a aparición das pertenzas da muller nas ruínas do Castelo de Rande o que levara a sospeitar dun posible intento de suicidio e a activar o protocolo de procura de persoas desaparecidas, que queda desactivado unha vez que a muller foi localizada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: