Hoxe é Martes 1 de Abril de 2025

Buscan en Rande a unha muller que se precipitou á auga

WhatsApp Image 2025-02-16 at 22.31.08 (2)

Continúan os labores de procura da muller que se lanzou ao mar nas proximidades das ruínas do castelo de Rande. As tarefas de rescate, que foran suspendidas na noite do domingo ás 21:00 horas sen obter resultados, continúan hoxe cun despregue de medios marítimos e aéreos.

A alerta foi dada na tarde do domingo, arredor das 16:40 horas, cando o servizo de emerxencias 112 recibiu un aviso sobre un posible intento de suicidio na zona dos piares da ponte de Rande. Fontes oficiais indicaron que se atoparon as pertenzas da muller nas ruínas do castelo próximo, o que levou á Policía Local de Redondela a activar o protocolo de procura de persoas desaparecidas.

O helicóptero Pesca 1, do servizo de Gardacostas de Galicia, e varias embarcacións auxiliares de Gardacostas e Salvamento Marítimo continúan hoxe os traballos de localización da desaparecida. Ademais, desde a central de emerxencias mantense a colaboración coa Policía Nacional, a Garda Civil e os servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia para reforzar o operativo.

Este suceso prodúcese apenas dúas semanas despois de que outra persoa fose rescatada cando estaba a piques de precipitarse ao baleiro desde a pasarela que conecta Redondela con Moaña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: