A asociación SOS Desaparecidos lanzaba este domingo unha alerta pola desaparición de Vasile Daniel Cardos, un home de 34 anos que desapareceu o 13 de febreiro no concello pontevedrés de Soutomaior. A asociación publicou a noticia na súa conta da rede social X.
A desaparición de Cardos foi cualificada como de alta vulnerabilidade. Segundo a información proporcionada, Vasile mide 1,88 metros, ten complexión forte, pesa uns 115 quilos, e presenta pelo louro escuro, curto e liso, e ollos castaños. No momento de desaparecer, vestía un pantalón vaqueiro azul, unha cazadora negra con capucha e zapatillas de cores da marca Louis Vuitton.
Como é habitual en casos de desaparicións, a asociación tamén facilitou os datos de contacto para quen poida ter información sobre o seu paradoiro: os teléfonos son +34 649952957 e 644712806, e o correo electrónico é info@sosdesaparecidos.es.

