Hoxe é Venres 11 de Abril de 2025

O nadador Xosé Ferreira recibe o recoñecemento “Orgullo redondelán”

ead8cbbc-7858-4ca6-a206-23d6e22bf61c

O veterano nadador Xosé Ferreira foi honrado onte coa insignia do Concello de Redondela e o diploma “Orgullo Redondelán” polos seus notables logros deportivos. A entrega tivo lugar nun emotivo acto no que a alcaldesa Digna Rivas fixo entrega do recoñecemento ao deportista do Club Natación Redondela, que estivo acompañado de familiares e compañeiros do club.

Nos últimos logros do nadador, destacan os seus éxitos no Campionato Galego Máster de Inverno celebrado en xaneiro, onde logrou unha medalla de ouro, unha de prata e dous bronces. Estes novos triunfos súmanse aos alcanzados en 2024, ano no que se proclamou campión galego en 400 metros libres no Campionato Galego Máster de Verán e obtivo a prata no Campionato Galego de Longa Distancia en 1500 metros libres.

Tanto a alcaldesa Digna Rivas como o concelleiro de Deportes, Iván Valles, subliñaron a longa e destacada traxectoria deportiva de Ferreira, que comezou no mundo do fútbol e fútbol sala antes de dar o salto á natación. A alcaldesa eloxiou o seu exemplo e resaltou tamén o traballo do Club Natación Redondela e a súa canteira, que contribúe ao desenvolvemento do deporte no municipio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: