O CD Choco sufriu un roubo esta noite na súa cantina, situada no Campo de Santamariña. Os ladróns levaron 1.800 euros, correspondentes á recadación de tres días de traballo, despois de forzar a porta corredoira para acceder ao interior.
Segundo fontes do club, os autores do roubo entraron saltando a valado do recinto, algo que resulta relativamente sinxelo. Unha vez dentro, centráronse en levar só os cartos, deixando o resto das instalacións intactas, aínda que revoltas.



A directiva do CD Choco xa presentou a correspondente denuncia ante as autoridades. A Policía Local e a Policía Científica acudiron ao lugar para recoller información e pegadas que poidan axudar a identificar os responsables.
O club lamenta este incidente e confía en que as investigacións axuden a esclarecer o suceso canto antes.