Hoxe é Xoves 17 de Abril de 2025

Contacontos na biblioteca Xela Arias de Chapela

biblioteca

A axencia de lectura do Piñeiral do Crego está de celebración, xa que neste 2025 cumpre dúas décadas en activo. Dentro das conmemoración desta data tan especial promoven a participación veciñal e ofrecen este venres 21 de febreiro unha sesión de contacontos que terá lugar ás 18:30 horas.

Mª José Villar, Biblioteca Chapela

Unha proposta que leva por nome “Contos da veciñanza” porque están feitos, deseñados e preparados por veciñas da contorna. Elas son Lía, unha rapaza de 10 anos cun futuro prometedor na narración oral e Beatriz, unha mamá con talento narrador e gañas de transmitir.

A proposta está pensada para nenos e nenas a partir de 3 anos. As prazas son limitadas polo que as persoas interesadas en asistir deben inscribirse previamente na biblioteca de Chapela, ben no teléfono 986-454-226 ou a través do enderezo electrónico bibliotecachapela@redondela.gal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: