Hoxe é Xoves 10 de Abril de 2025

Vitoria con sufrimento para a SAR OPmobility e derrota para o Balonmán Chapela

480565899_1159179306216995_2722022209729211996_n

Foto de Patry Rivas

A SAR OPmobility logrou unha victoria sufrida por 27-29 na súa visita ao Bueu Atlético Balonmán, pechacancelas de Primeira Autonómica. O encontro foi máis complexo do esperado, cunha primeira parte marcada por moitas imprecisións e unha defensa irregular que non logrou conter ao rival en todo momento. Ao descanso, o marcador reflectía un axustado 12-11 a favor dos anfitrións. Na segunda metade, a SAR OPmobility impuxo o seu ritmo, pero os erros en lanzamentos impediron unha vitoria máis cómoda. A pesar diso, o equipo sumou dous puntos importantes e segue na terceira posición, con 21 puntos, a só dous do Poio Artai. O próximo encontro será na casa contra o UB Lavadores Vigo, unha boa oportunidade para sumar máis puntos ante un rival na parte baixa da táboa.

Por outro lado, o Balonmán Chapela perdeu por 29-34 contra o O Grove Paraíso Rasoeiro BM na casa. A derrota fai que os mozos do Chapela baixen un chanzo na clasificación e se afasten dos postos altos que dominaron ao comezo da liga. Actualmente, sitúanse séptimos, coa permanencia case asegurada, pero con moito que mellorar para seguir loitando pola parte superior. Desde a directiva do club destacaban en redes sociais a falta de intensidade defensiva e os moitos erros no ataque, que les custaron dous puntos importantes ante un rival directo. O próximo partido será contra o Luceros B, equipo necesitado de puntos, polo que os de Chapela deberán recuperar a súa mellor versión para pelexar pola vitoria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: