Hoxe é Mércores 2 de Abril de 2025

A Día da árbore celébrase no Viso cunha plantación de 300 bidueiros

plantación

A iniciativa, convocada pola Comunidade de Montes en Man Común do Viso, está aberta a toda a veciñanza que queira achegarse  este domingo día 23. O punto de encontro será no aparcadoiro do Furancho O Canastro ás 10:00 h da mañá.

Seguindo a liña de edicións anteriores, a veciñanza comuneira do Viso bótase ao monte para seguir consolidando a franxa verde do monte Espiño no seu linde con Ventosela. Plantaranse máis de 300 bidueiros en toda a xornada para consolidar unha estrutura do monte máis resilente ante a ocorrencia de incendios forestais e cortando a dirección norte-sur de propagación de incendios na comarca.

Esta estrutura verde pretende tamén ser un exemplo demostrativo de compartimentación do territorio de cara a crear nichos de biodiversidade e de fragmentación, así como elemento fundamental para a defensa contra o peor dos riscos que ten o monte Galego, os incendios forestais.

O día da árbore do Viso é unha actividade aberta a toda a veciñanza, na que poden participar sen máis que levando un legón, unha luvas e ganas de traballar para conseguir un monte que siga proporcionando recursos tanxibles e intanxibles como poden ser as augas, a paisaxe, a fixación de carbono, leñas, froitos como as castañas, cogomelos, hábitats de fauna e flora, …

A comunidade lembra que todas as actuacións que se desenvolven no monte comunal están supeditadas polos criterios de xestión forestal sostible dos sistemas de certificación internacionais PEFC e FSC.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: