O Concello de Redondela vén de rematar a instalación dunha varanda de seguridade de 100 metros na Vía Vella de Quintela, unha medida destinada a mellorar a protección dos peóns nunha zona con elevado desnivel e moito tránsito. A actuación, impulsada pola Concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, dirixida por Roberto Villar, responde a unha solicitude da asociación de veciños da parroquia e contou cun investimento de case 10.000 euros.
Unha demanda veciñal atendida
O concelleiro explicou que esta intervención busca evitar riscos e garantir a seguridade viaria, especialmente nun tramo crítico para os viandantes. “Atendemos esta petición da veciñanza porque era unha cuestión de seguridade nun punto con desnivel considerable”, sinalou Villar.
Desde o goberno local destacan que este tipo de obras responden ás necesidades das parroquias e forman parte do traballo continuo para mellorar a calidade de vida da veciñanza en todo o municipio.