Hoxe é Martes 1 de Abril de 2025

Melloras para evitar asolagamentos no camiño Torreiro do Viso

Torreiro Viso 1

O departamento de Infraestruturas e Sostibilidade, dirixido por Roberto Villar, iniciou dous importantes proxectos de mellora nas vías de Redondela.

Un deles é o acondicionamento no camiño Torreiro do Viso, onde se acometerán traballos para canalizar as augas pluviais e evitar os asolagamentos que se producen durante as fortes choivas. Segundo Villar, a obra mellorará a situación, evitando as inundacións tanto na zona do Torreiro da festa como nas vivendas próximas. Os traballos están previstos para finalizar en dúas semanas, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

Ademais, comezaron as obras de asfaltado no camiño da Chousa, en Vilar, onde se procederá á substitución do antigo pavimento. Durante a obra, o vial estará cortado ao tráfico a partir do luns, 23 de febreiro. Villar destacou que estas actuacións forman parte do plan do Concello para mellorar as estradas e camiños, aproveitando tanto fondos propios como recursos doutros organismos.

Camiño Chousa
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: