Hoxe é Sábado 12 de Abril de 2025

O equipo feminino A do Club de Tenis e Pádel de Redondela queda subcampión no Interseries de Galicia

6559c144-70d3-43b1-a994-57f6786b2baa

O equipo feminino A do Club de Tenis e Padél de Redondela viviu unha fin de semana de emocións ao participar no Campionato Interseries de Galicia, un paso importante na súa prometedora tempada. A equipa, que se proclamou campiona da liga regular na categoría Future no Campionato de Series Nacionais, logrou o ascenso á categoría 500, e coas súas grandes actuacións, aseguraron un posto na fase Interseries galega, que tivo lugar en Ourense o pasado sábado, 22 de febreiro. Alí conseguiron acadar a prata tras caer na final pola mínima contra o conxunto de Oroso.

O equipo feminino A deu moito que falar conseguindo pasar á final tras lograr unha rotunda vitoria na semifinal contra o Club de Pádel Cedeira B, onde se impuxeron por 10-2, asegurándose así un lugar na final contra o Oroso Pádel Club. Na final, as xogadoras de Redondela loitaron ata o final, pero non conseguiron a vitoria, caendo por 7-5 contra o conxunto de Oroso, nunha reñida partida que lles fixo quedar como subcampioas de Galicia na súa categoría.

A pesar de non lograr a clasificación para o Campionato de España, o subcampionato galego é un excelente resultado que pon de manifesto a mellora continua do equipo, que tamén participa na Liga Galega de Pádel da Federación, na que o ano pasado acadaron un ascenso ao 3º rango.

O Club de Tenis e Pádel de Redondela segue facendo historia, e sen dúbida, o futuro do equipo feminino A é prometedor.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: