A concellería de Igualdade, que dirixe Iria Vilaboa, convidou aos centros educativos, centros de maiores e asociacións de Redondela a propoñer lemas para a campaña do Concello neste 8 de marzo. Fíxose co obxectivo de que “os colectivos e a sociedade en xeral sexan protagonistas nesta campaña municipal para celebrar o Día Internacional da Muller”. O lema proposto polo CEIP Quintela: “O poder de cada muller transforma o mundo” foi o gañador da enquisa, e polo tanto o que represente a campaña municipal do 8M nos carteis e na programación. A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, agradeceu a participación dos centros de ensino e asociacións que presentaron os seus lemas, e de toda a cidadanía que votou na enquisa.
