Hoxe é Venres 11 de Abril de 2025

Roi Rodríguez, veciño de Pazos de Borbén, gaña a segunda edición do “Máis Talento Motor”

480573279_947686337544122_6885464284550172064_n

Pazos de Borbén celebra con grande orgullo o triunfo do seu veciño Roi Rodríguez, quen con tan só 20 anos, foi o gañador da segunda edición do programa de selección de pilotos “Máis Talento Motor” da Deputación de Pontevedra. Grazas ao seu talento e dedicación, Roi terá a oportunidade de competir pilotando un Dacia de AMF Motorsport nas cinco probas puntuables da Sandero Eco Cup Galicia 2025.

A final desta edición do programa tivo lugar no circuíto de A Madalena, en Forcarei, onde Roi fixo un tempo de 1:51.027, gañando a vitoria por unha diferencia de apenas medio segundo. Un logro impresionante que demostra a súa destreza e forza de vontade no mundo do motor.

Desde o Concello de Pazos de Borbén, o alcalde Luciano Otero e todo o equipo de goberno quixeron felicitar a Roi por este destacado logro. “É un exemplo de superación e talento, e leva o nome do noso concello ao máis alto”, expresaron.

A primeira proba puntuable da tempada será o Rallye Mariña Lucense, no marco do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi, e todo Pazos de Borbén estará ao seu lado, seguindo e apoiando o seu percorrido nesta emocionante tempada de competición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: