Hoxe é Xoves 10 de Abril de 2025

A SAR OPmobility gaña ao UB Lavadores e o Chapela cae ante Luceros B

481287716_1164870175647908_6616728472763180039_n

Foto de Patry Rivas

SAR OPmobility – UB LAvadores Vigo (30-27)

A SAR OPmobility sumou unha nova vitoria no Pavillón Municipal da Bomboneira tras impoñerse ao UB Lavadores Vigo por 30-27 nun partido con momentos de gran xogo, pero cun final axustado.

O encontro comezou cun ritmo igualado (7-5, min 10), pero a SAR logrou abrir unha importante brecha de seis goles (14-8, min 15). Con todo, os visitantes reaccionaron antes do descanso e reduciran a diferenza a só dous tantos (16-14, min 30), deixando o partido aberto para a segunda metade.

Tras o paso por vestiarios, os locais ofreceron os seus mellores minutos, acadando unha vantaxe de ata nove goles (24-15, min 42). Con dez minutos por xogar, o marcador reflectía un cómodo 29-20, pero as imprecisións, as perdas de balón e unha defensa menos intensa permitiron ao Lavadores recortar distancias ata o 30-27 final. A pesar do susto nos últimos minutos, a SAR OPmobility acadou dous puntos valiosos que os consolidan no terceiro posto da clasificación.

A próxima xornada, o equipo buscará corrixir erros no partido aprazado contra o Granitos Ibéricos Carballal.

Luceros B  – Balonmán Chapela 1 (37-27)

O Balonmán Chapela segue sen atopar boas sensacións nesta segunda volta da Primeira Autonómica. O equipo caeu con claridade ante o Luceros B por 37-27, acumulando a súa cuarta derrota consecutiva.

A través das redes sociais, o club expresaba a súa preocupación: “Inexplicable o baixón do sénior masculino do Balonmán Chapela neste tramo de tempada. Aínda queda tempo, hai que analizar a situación e facer autocrítica. Nin antes éramos tan bos, nin agora tan malos”.

Na primeira volta, o equipo mostrou un gran nivel que lle permitiu loitar polos postos de podio, pero nesta segunda volta o rendemento caeu drasticamente, sumando un empate e catro derrotas consecutivas. Con estes resultados, sitúanse no sétimo posto da clasificación.

A próxima xornada, o Chapela recibe ao Carballal, que aproveitará a súa visita a Redondela para disputar tamén o partido aprazado ante a SAR OPmobility.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: