Hoxe é Xoves 10 de Abril de 2025

Julio Mougán: “Asumo o novo cargo con responsabilidade e compromiso co deporte redondelán”

WhatsApp Image 2025-02-19 at 22.35.42

Julio Mougán asume a presidencia do Comité Galego de Fútbol Sala co compromiso de manter e respectar o legado de Pablo Prieto, apostando polo crecemento do fútbol sala galego e polo fortalecemento do fútbol sala feminino. A súa experiencia no deporte e na política local, así como o seu enfoque en resolver as necesidades dos clubs e valorar o traballo da base, son clave para o futuro desta disciplina en Galicia. Ademais, non esquece as súas raíces en Redondela e reafirma o seu compromiso co deporte local, disposto a colaborar cos clubs do municipio para apoiar o seu desenvolvemento.

Mougán considera que será moi difícil continuar co legado de Prieto, un compañeiro ao que cualifica de “facer historia na administración da Federación”.

“Pablo foi un pioneiro e referente para todos”, Julio Mougán.

O novo presidente do Comité Galego de Fútbol Sala expresou a súa satisfacción e a importancia que lle dá ao cargo, destacando a responsabilidade que supón para o desenvolvemento do fútbol sala galego. A súa chegada á presidencia percíbese como un reforzo para o deporte, tendo en conta a súa ampla experiencia e o seu firme compromiso coa comunidade. Anteriormente foi presidente do Redondela FS e adestrador de diversos equipos, como Leis Pontevedra, Vigo Fútbol Sala, Lanzarote e Noia.

“Asumo a responsabilidade de ser a cabeza visible de toda a comunidade, coa experiencia de estar en moitos eidos do deporte”, Julio Mougán.

Aínda que Mougán recoñece que a liña de actuación da Federación está ben definida, asegura que non se prevén cambios substanciais na estratexia, pero apunta a seguir mellorando a evolución e crecemento do fútbol sala en Galicia. Entre os seus principais obxectivos está a aposta polo fútbol sala feminino, a través de axudas e subvencións, e resalta a súa tarefa como “solucionador de problemas entre clubs”, adaptándose ás necesidades das distintas entidades a nivel local. Mougán tamén destaca a importancia do traballo técnico na base, que, segundo el, está pouco valorado, pero que considera “imprescindible” para o futuro do deporte.

“Seguimos creendo e apostando na promoción do fútbol sala feminino”, Julio Mougán.
“Pablo recolle o legado de Rafael Louzán”, Julio Mougán.

O novo presidente do comité reiterou o seu compromiso co deporte en Redondela e tende a súa man a todos os clubs do municipio.  Asegura que, agora que ten a oportunidade de aportar desde unha posición máis visible, non esquecerá as súas orixes, que foron as que lle brindaron a verdadeira oportunidade de chegar ata onde está hoxe.

“Que se sintan respaldados e orgullosos de ter a alguén cercano nun cargo de responsabilidade”, Julio Mougán.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: