A primeira operación kilo do ano terá lugar os días 14 e 15 de marzo, unha campaña solidaria impulsada un ano máis por parte da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski. Parte das doazóns destinaranse ás máis de 300 persoas sen recursos aos que atende a Fundación do Banco de Alimentos na localidade. A acción volverá desenvolverse en formato mixto, é dicir, recolleranse tanto alimentos físicos como achegas económicas ao pasar por caixa.
A Fundación Provincial Banco de Alimentos, adherida á Federación Española Bancos de Alimentos (FESBAL) mobilizará 50 voluntari@s en Redondela os próximos 14 e 15 de marzo na que será a súa primeira operación quilo deste 2025: o Zampakilos Solidario.
Haberá presenza da marea azul no Eroski Center e Autoservicios Familia de Redondela. Os voluntari@s estarán perfectamente identificados con petos nos establecementos adscritos á campaña facilitando e informando as doazóns.
Actualmente, a Fundación atende na zona de Redondela a máis de 300 persoas vulnerables, a través de dous colectivos sociais cos que traballamos: Aldeas Infantís e Cáritas Santiago de Redondela.
A nivel provincial, o Zampakilos Solidario de Vegalsa-Eroski desenvolverase en máis de 40 supermercados con presenza de preto de mil voluntari@s. Para participar nesta campaña só hai que dispor de 4 horas libres os próximos 14 e 15 de marzo e darse de alta en www.bancoalimentosvigo.org ou chamar ao 986263022.
O obxectivo deste Zampakilos Solidario é igualar ou superar os 60.000 quilos de alimentos recadados durante a anterior edición en toda a provincia de Pontevedra, cuxo resultado foi unha marca.