Hoxe é Luns 7 de Abril de 2025

“Matronalia” unha posta en valor do traballo das matronas na campaña do 8M de Soutomaior

8m soutoamior

A programación do Concello de Soutomaior de cara a conmemoración do Día Internacional da Muller leva por lema Matronalia e centra o seu foco na visibilización da figura da matrona cun recoñecemento especial para Marisol Santomé quen exerceu esta profesión na localidades ata o 2022. Unha programación que inclúe un concerto de balde a cargo de Guadi Galego o 7 de marzo no Multiúsos de Arcade.

A concelleira de Igualdade e Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa foi a encargadade presentar esta programación xunto a directora do CIM, Cristina García, a Técnica de Igualdade, Marga Taboada e a Educadora Familiar, Nuria Vilalta.

Baixo o lema MATRONALIA 8M, este ano a campaña municipal centra o seu foco nas matronas. Como representante deste colectivo elixiron a Marisol Santomé, quen exerceu esta profesión en Arcade durante case dúas décadas (entre o 2004 e o 2022). Santomé recibirá o recoñecemento “María a das mil flores” nun acto que terá lugar o 14 de marzo e que chegará precedido do faladoiro Improntas feministas. O Rol das matronas na historia que se desenvolverá no Multiúsos de Arcade.

Tamén o Multiúsos acollerá o día 7 de marzo o concerto “Síntese horizonte” de Guadi Galego ás 21:00 horas. Con entrada de balde as persoas interesadas en achegarse deberá retirar as entradas o luns 3 de marzo en horario de mañá no concello (de 9:00 a 14:00 horas) ou pola tarde no Multiúsos entre as sete e as nove.

A programación do 8M complétase con dous obradoiros que se desenvolverán nos meses de abril e maio baixo o nome “Climatéricas” e “Chan pélvico”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: