Hoxe é Martes 8 de Abril de 2025

Soutomaior humanizará a contorna de Talo Río no centro de Arcade

INFORGRAFÍA Proxecto Talo Río

O Concello de Soutomaior ten previsto licitar nas vindeiras semanas o proxecto de “reurbanización, mellora e humanización do centro urbano de Arcade como espazo público”. Unha actuación que contará cun investimento de 1,2 millóns de euros e que suporá a transformación da actual Alameda de Talo Río así como parte das rúas de Portal do Ribeiro e Rosalía de Castro.

O trámite de licitación arrancará nos vindeiros días e está previsto que as obras arranquen no segundo semestre do ano e que estean finalizadas a mediados de 2026. O proxecto estará financiado con cargo a fondo do Plan Extraordinario da Deputación Provincial e fondos propios do concello de Soutomaior.

Este proxecto, redactado por Cendón e Vázquez, suporá unha das principais actuacións urbanas no centro de Arcade e buscan humanizar a contorna da Alameda de Talo Río o que suporá “beneficios para os centos de familias que viven na zona mellorando notablemente a vida deste espazo de lecer de Arcade”.

O alcalde Manu Lourenzo explicou que con esta actuación “procedemos a renovar este espazo urbano que conta cun importante deterioro e imos a convertelo nun núcleo de centralidade que dinamizará a vida de Arcade. A través deste proxecto,procederemos á transformación do espazo urbano ata convertelo nunha contorna de referencia, moderna, dinámica e atractiva acorde a século XXI”.

Lourenzo afirmou que “con esta obra os negocios verán mellorado os servizos así como a accesibilidade co obxectivo de que Arcade conte cun núcleo urbano moderno, europeo e dinámico no que as persoas poidan gozar dun espazo urbano ecolóxico, renovado e con vida”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: