Hoxe é Venres 11 de Abril de 2025

Zaira Martínez e Lucía Salceda camiño a Zaragoza coa selección galega

480692353_1177098494421407_5581938877871359346_n

Redondela está de celebración coa dobre convocatoria de Zaira Martínez e Lucía Salceda, dúas futbolistas de 14 anos que poñen o nome do municipio no mapa do fútbol feminino nacional. Zaira, recentemente chamada pola Selección Española sub-14, e Lucía, xogadora de As Celtas de Vigo, representarán á selección galega sub-14 no Campionato de Seleccións Autonómicas que se celebra en Zaragoza do 28 de febreiro ao 2 de marzo, un torneo onde buscarán un posto na Fase Ouro e deixar o pavillón galego por todo o alto. Curiosamente, ambas coincidiron nos seus inicios en Grupo Casa Paco 81 no ano 2017, un punto de partida que marcou o comezo das súas prometedoras carreiras.

Zaira Martínez, formada nos equipos de base de Redondela, consolidouse como unha promesa no Val Miñor de Nigrán tras compatibilizar o fútbol sala no Campito Chapela co fútbol once. O seu talento levouna a debutar coa Selección Galega e, agora, a dar o salto ao combinado español, un recoñecemento ao seu traballo e progresión.  Pola súa banda, Lucía Salceda chega a Zaragoza tras unha traxectoria que comezou de pequena no Casa Paco 81, pasando por clubes como o UD Mos e brillando actualmente en As Celtas, onde destaca pola súa calidade e versatilidade. Para ambas, o soño de chegar á Primeira División e brillar no fútbol de elite está cada vez máis preto, nun reflexo do auxe do fútbol feminino en Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: