Hoxe é Martes 1 de Abril de 2025

O PSOE provincial insta ao BNG de Redondela a que facilite a gobernabilidade de Rivas

regades e digna rivas

David Regades e Digna Rivas nunha imaxe de arquivo

O secretario xeral do PSdeG provincial, David Regades sae en defensa de Digna Rivas e reivindica os gobernos de progreso: “pídolle ao BNG Redondela que sume con ideas e propostas, porque no terreo da confrontación baleira gaña o PP e perde a cidadanía”. Unhas palabras que chegan logo de que hai semanas os nacionalistas anunciaran que daban por pechada “calquera negociación co partido socialista polos incumprimentos reiterados do acordo de investidura por parte do Psdeg Psoe Redondela”.
A complicada situación do goberno en minoría de Digna Rivas leva a intervir ao PSOE provincial. O seu secretario xeral, David Regades, amosa a súa preocupación ante o que cualifica de “falta de capacidade de diálogo do grupo municipal do BNG co goberno de Redondela” e fai unha chamada á responsabilidade aos nacionalistas para que faciliten a gobernabilidade do goberno de Rivas de quen di “é unha muller cun talante persoal amable e dialogante e un compromiso político progresista fóra de toda dúbida”.
O secretario xeral dos socialistas da provincia pídelle ao BNG de Redondela que “colla a man tendida da alcaldesa” e, en todo caso, aposte por sumar con ideas e propostas, “porque no terreo da confrontación baleira gaña o PP e perde a cidadanía de Redondela”. “O importante é que Digna Rivas ten proxectos para o seu municipio e está disposta tamén a escoitar os que propoña o BNG; seguro que nese debate de ideas nos entendemos”, conclúe.
Regades lembra que o pobo de Redondela votou nas últimas municipais un Goberno local conformado por unha maioría de progreso “e iso debe estar por diante de calquera outra consideración, sabendo que nun mandato de catro anos sempre pode haber discrepancias por asuntos concretos que deben resolverse falando e cedendo por ambas partes”. Destaca Regades que o grupo socialista, que ostenta a Alcaldía, logrou 7 concellerías por 3 do BNG e unha de AER e entre as tres forzas progresistas suman 8.379 votos e o 54% dos votos emitidos. “Estamos seguros de que todo ese corpo electoral quere un Goberno de progreso, e dende logo, dende o PSdeG-PSOE sempre reivindicaremos os gobernos de progreso, nos que as forzas de esquerdas se entenden e colaboran” e lembra que PSOE e o BNG teñen conseguido avances moi importantes en toda a provincia ao longo dos últimos anos por medio de gobernos de coalición ou cooperación e sería “moi lamentable” que se erosione esta traxectoria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Digna Rivas non ten culpa de nada, cando como demostrou o BNG, as súas peticións eran factibles de realizar e inmediatas no tempo. Como firmes con Digna Rivas algo a longo plazo non se executa, para iso ver o que di o outro pé do goberno na entrevista da a nova peneira. O tema é serio cando se mete o partido provincial, deben ter medo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: