Hoxe é Luns 7 de Abril de 2025

París de Noia pon ritmo a unha fin de semana de Entroido en Redondela

comparsas

O Entroido arranca en Redondela cunha fin de semana de actividades pensadas para os máis cativos pero onde non faltará a música coa actuación o sábado no campo da feira da orquestra París de Noia, que ofrecerá o seu espectáculo o sábado a partir das 22:00 horas. O domingo terá lugar o tradicional desfile de comparsas que percorrerá as rúas do centro da vila a partir das 18:00 horas, o que obrigará a cortar o tráfico ata pasadas as nove da noite.

O sábado comezará cos obradoiros infantís na Alameda Castelao nos que nenos e nenas poderán participar dende as 17:00 ata as 19:30 horas. Tamén durante a tarde haberá actuación do Mago Noel co espectáculo “Que curioso!” na praza da Constitución ás 17:30 horas. A continuación haberá música cos pasarrúas de The Turre’s Band.

A xornada rematará coa actuación dunha das orquestras máis potentes do panorama galego, como é París de Noia que se subirá ao escenario ás dez da noite no Campo da Feira.

O domingo chegará o tradicional desfile de comparsas. As agrupación participantes congregaranse tamén no campo da Feira en torno ás 17:00 horas e o desfile arrancará unha hora despois con todas esas formacións que optan a algún dos premios do concello que se entregarán en torno ás 20:30 horas.

Entre as participantes atopamos aos Festeiros de Bembrive quen xe fixeron a pasada semana co primeiro premio no desfile de Soutomaior e que esperan repetir éxito este domingo cunha proposta divertida, participativa e orixinal xa que presentan un parque de atraccións andante con todo os elementos de calquera festa como poidan ser o coche de choque, o tren chuchú ou o tío vivo.

Enma de Sousa, os Festeiros de Bembrive

A festa continuará o martes de Entroido data de xantares e festa na rúa onde non faltará a Queima do Meco, na que este ano arderá Francisco Franco e máis o popular José Luis Ferro quen se fixo merecedor de ser un dos protagonista desta tradición polas súas polémica palabras no parlamento nas que poñía en dúbida a existencia de asasinados en San Simón nos tempo do franquismo. Un meco que será pasto das lapas e que busca tamén queimar as ditaduras no ano no que se cumpren o 50 aniversario da morte de Franco.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

Restricións no tráfico

Unhas celebracións que conlevan cortes e restricións no tráfico rodado. Este sábado estará pechado o tráfico no centro urbano dende a Praza Ribadavia a partir das 17:00 horas e ata as 22:00 horas. Horario que podería ampliarse dependendo da afluencia de público ao concerto de París de Noia. Estará prohibido estacionar no campo da feira toda a fin de semana a partir das 14:00 horas do sábado.

O domingo as restricións de tráfico tamén afectarán ao casco urbano a partir das 16:30 horas e ata que remate o desfile de comparsas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: