Hoxe é Martes 1 de Abril de 2025

Listas de agarda de ata 18 días para unha consulta en atención primaria

centro saúde chapela

A situación é especialmente precaria no caso do centro de saúde de Chapela o que leva aos colectivos e asociacións da parroquia a reclamar ante o Sergas que se tomen medidas de cara a arranxar a situación. Explican que dende a Xunta non cobren as baixas nin as vacacións dos facultativos e que, no caso de pediatría, os días que non hai especialistas os pacientes son derivados ao centro de saúde de Redondela, co conseguinte trastorno para as familias e a saturación do servizo. Temen que trala xubilzación do actual facultativo o centro quede senr servizo de pediatría.

O Consello Parroquial de Chapela acordou na xuntanza do mes de febreiro trasladar á Xunta de Galicia a súa queixa “polo deterioro sistemático da Sanidade Pública no municipio”. Asociacións e colectivos da parroquia denuncian de xeito unánime que a falta de médicos e pediatras é constante no seu centro de Saúde, e o Sergas non cubre as baixas ou vacacións dos facultativos. Fan extensiva a súa queixa tamén ao centro de Saúdo de Redondela, ao que deben desprazarse no caso de urxencias ou cando falta o especialista de Pediatría no seu centro. A falta de médicos e a saturación do servizo deteriora gravemente a atención sanitaria nos dous centros.

Engaden que a actual situación da Atención Primaria no municipio supón longas lista de espera de ata 18 días para unha consulta co médico de familia. No caso de pediatría, os días que non hai especialista no Centro de Saúde de Chapela, desde o Sergas non se substitúe a praza e os pacientes son derivados ao Centro de Saúde de Redondela. Isto supón un trastorno para as familias, que se ve obrigadas a facer este desprazamento, e ademais satura o servizo de Redondela, o que deteriora a prestación sanitaria. Os colectivos temen que, ante a próxima xubilación do pediatra do Centro de Saúde de Chapela, esta praza non se cubra e a parroquia quede sen servizo de pediatría.

Representantes das asociacións de Montes, colectivos culturais, asociacións veciñais, deportivas, de empresarios e Anpas acordaron por unanimidade trasladar á Xunta de Galicia esta queixa a través do Concello. A veciñanza reclama unha Sanidade Pública con medios suficientes e sen recortes, e denuncian a precarización da Atención Primaria, “un servizo público que é fundamental para a cidadanía”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: