Presentación da Campaña 8M no colexio de Quintela
As actividades organizadas dende a Concellería de Igualdade inclúen o acto institucional que terá lugar este venres ás 12:00 horas co intervención da xornalista María Foscaldo “Virtudes” xornada na que tamén se celebra un encontro entre directivas do deporte local. A primeira das citas será o xoves cun contacontos en Chapela nunha programación na que se inclúe un “scape room”, a V edición das Xornada Xemma Pereira centradas no emprendemento feminino ou as charlas sobre tecnoloxía e as novas formas de violencia de xénero nos centros parroquias.
A programación arranca xa este xoves cun contacontos no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela ás 18:30 horas orientado a público infantil baixo o nome “Música Miúda. Cambia o conto”.
O venres terá lugar o acto institucional ás 12:00 horas na Praza do Concello coa lectura da Declaración Institucional a cargo da xornalista e creadora de contido nas redes María Foscaldo “Virtudes” e a Agrupación de teatro da Asoicación Cultural de Chapela.
A xornada completarase cunha charla sobre o papel das mulleres no deporte que se celebrará ás 19.30 nas oficinas de Turismo (rúa Isidoro Queimaliños). O título da actividade é “Xuntas no Deporte” e no mesmo participarán participarán Paula Fernández (Club Baloncesto Redondela), Déborah Bouzón (CBF As Choqueiras), María González (BM Chapela), Vicky Ricón (CD Choco), Ana Romasanta (Asociación Deportiva CAR) e Carla Abad (Federació Galega de Balonmán). Na actividade, aberta ao público, falarase do papel da muller na xestión e dirección da práctica deportiva. O obxectivo, sinala a edil de Iguadade, Iria Vilaboa, é coñecer o seu punto de vista sobre a realidade das mulleres na dirección de clubs deportivos.
Xa na vindeira semana o 12 de marzo comezan as xornadas de emprendemento feminino coa V edición das xornadas Xemma Pereira con actividades de formación para o comercio local. Impartirse nas Oficinas de Turismo con clases sobre como definir o negocio, dinamización de ventas ou ciberseguridade nas ventas electrónicas entre outras temáticas. Cinco mércores consecutivos ata o 8 de abril nas Oficinas de Turismo de 20:30 a 22:00 horas con inscrición previa en igualdade@redondela.gal.
Outra actividade da programación que arranca tamén a vindedira semana son as charlas “ Tecnoloxías e novas formas de violencia de xénero”. Esta actividade vaise celebrar nos centros culturais de Santo Estevo (luns 10), Quintela (venres 14), Cesantes (venres 21), Chapela (venres 28) Ventosela (sábado 29) e Saramagoso (venres 4 de abril). O obxectivo de levar estas charlas formativas ás parroquias é facilitar a participación de toda a veciñanza. Serán nos meses de marzo e abril.
O sábado día 15 é a quenda do espectáculo “Sobria y Serena. El Chou”. Jazmín Abuín e Arantxa Treus son as protagonistas deste show de humor no que fan unha viaxe pola súa vida a golpe de gargalladas. Será ás 20:00 horas Multiúsos da Xunqueira con entrada de balde. O 21 de marzo presentarase o libro “Galegas na Música” de Isabel Blanco, coa actuación musical de Zousaxmas, no Conservatorio Municipal Víctor Ureña ás 20:00 horas. As mulleres que escribiron parte da historia de Redondela serán as protagonistas dun “Scape Room” o 22 de marzo. Sairá ás 19:00h da praza de Ponteareas (Vilavella). Información e inscricións: igualdade@redondela.gal
A concellería de Igualdade ao longo deste mes organiza tamén rutas guiadas para escolares: “Mulleres: da historia á memoria” nos meses de marzo e abril para dar a coñecer o legado que moitas mulleres deixaron en Redondela, e que foron silenciadas pola historia.