Hoxe é Martes 1 de Abril de 2025

Andaina abre o prazo de inscrición para o seu Programa Prelaboral e Tránsito á Vida Independente

6be199a3-3cc4-4f82-a8a5-afd39d8ad248

A Asociación Andaina vén de anunciar a apertura das inscricións para o seu Programa Prelaboral e Tránsito á Vida Independente, unha iniciativa pensada para fomentar a autonomía e a integración das persoas con diversidade funcional. Con prazas limitadas, este programa promete ser unha oportunidade enriquecedora para os seus participantes.

O programa destaca pola súa formación adaptada, impartida en grupos reducidos e cun enfoque centrado na persoa, sempre en estreita colaboración coas familias. Está dirixido a homes e mulleres maiores de 18 anos .

“Estamos abertos a recibir mozos e mozas novos”, Raquel Bastos vicepresidenta de Andaina.

Os contidos abarcan desde competencias básicas, como lingua e matemáticas aplicadas á vida diaria, ata habilidades prácticas para o día a día, pasando por formación en auxiliar de cociña e orientación prelaboral para facilitar o acceso ao emprego.

“Traballamos pensando no enfoque que o alumnado demanda”, Raquel Bastos.

Ademais, inclúe actividades tan variadas como a aprendizaxe sostible nunha horta, saídas pedagóxicas a contornas laborais, un programa artístico que estimula a creatividade e outro socioemocional para fortalecer as habilidades sociais e emocionais.  As instalacións, situadas nun entorno natural, ofrecen espazos adaptados que potencian o desenvolvemento persoal e deportivo dos asistentes. Entre as actividades deportivas que organizan fora das instalacións están a piscina, o ioga, a ximnasia de mantemento e o pickleball, unha proposta innovadora que combina deporte e diversión.

“No obradoiro de auxiliar de cociña elabora un menú semanal e aprticipan en todo o preoceso”, Raquel Bastos.
“O programa artísitico traballa a creatividade de forma lúdica”, Raquel Bastos.

Para facer o programa máis accesible, Andaina pon a disposición un servizo de transporte e, os xoves, un comedor que busca fomentar hábitos saudables entre os participantes. O horario é de luns a venres, de 9:00 a 14:00, en xornada matinal. Desde Andaina Redondela animan a contactar sen compromiso e a non deixar pasar esta oportunidade única nun proxecto que combina formación, inclusión e benestar.

“Animamos a probar, porque somos unha opción moi válida”, Raquel Bastos.

Para aqueles interesados en coñecer de preto o proxecto e as instalacións, é necesario solicitar cita previa. A información e as inscricións están dispoñibles a través do teléfono 698 12 63 34 ou do correo electrónico info@asociacionandaina.com. Tamén se pode visitar a súa páxina web, asociacionandaina.com, para saber máis sobre a entidade e as súas actividades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: