A obra prevista comezará o vindeiro luns 17 e prolongarase aló menos durante catro días. A actuación afectará ao camiño de Baixada da rúa Campo de Fútbol á rúa Pedro Floriani, en Cesantes, con máis de 1.125 metros cadrados. A superficie de rodaxe desta baixada está moi deteriorada, e os traballos consistirán no reforzo do firme e a pavimentación de toda a superficie.
Unha actuación que obrigará a cortar o tráfico na zona dende o luns 17 ata o xoves 20 de marzo. Non se poderá tampouco acceder ao estacionamento que existe detrás do Instituto, moi empregado polos usuarios de todas as infraestruturas deportivas existentes na zona, como o campo de fútbol do Choco, a piscina ou o pavillón da Bomboneira.
Dende a Policía Local fan un chamamento á veciñanza e usuarios instando a que busquen vías e estacionamentos alternativos mentres duren os traballos.
A actuación está enmarcada dentro do traballos de acondicionamento e mellora do pavimento que está a desenvolver a concellería de Infraestruturas e Sostibilidade.
